Nace Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en
Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

25/02/15

Proxecto Neo nº 116.4 - Programa Especial "Moitas Grazas"




"Por favor" e "Moitas grazas" eran as palabras-clave da primeira das cancións do programa número 116. Por que? Porque, no momento en que decidimos concorrer ao certame de cuñas radiofónicas promovido por Educo-Educación sen Fronteiras, tivemos que pedir favores a moitas persoas. Só así puidemos presentar os traballos.
Agora, pois, correspondía dar as grazas por todos os apoios: á dirección do Instituto Perdouro, a Radio Burela, ás profesoras Karina Parga e Fina Rodríguez e a todas e cada unha das 688 persoas que votaron a nosa opción.
Iso foi o que fixeron Álex Landim Correia, Kátia e Carla da Veiga Gomes, Silvera V. de Oliveira, Carolina Arcila Arenas e Noelia Parga Gaitica.
Ao longo do programa escoitamos as intervencións de Karina Parga (vicedirectora do IES Perdouro) e de Miguel Rodríguez (Técnico de Educación para o Desenvolvemento).
Nos últimos minutos fixemos balance da participación no Maratón de Lectura organizado polo C. C. Buril, onde estivemos lendo Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz.

18/02/15

Proxecto Neo nº 115.4 - Uxía Otero e Nerea Barros

Programa 115. Foi emitido o día 18 de febreiro de 2015. Conduciron ao unísono Maka Ledo e Karina Parga ou o que é o mesmo a discípula e a mestra. Iso se falásemos en pasado, porque no presente xa non se pode dicir con propiedade que Maka sexa a discípula.
O caso é que tivemos a Karina e Maka noutra das súas grandes intervencións. A dúo. En colectivo. Como nos gusta en Proxecto Neo.
Despois da sinopse, falamos con Uxía Otero, diplomada en Maxisterio e Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Uxía atendeunos en calidade de mestra dunha das escolas unitarias agrupadas no CRA de Santa Comba. Preguntámoslle como é o día a día nunha desas escolas e ela falounos con paixón e defendeu este tipo de ensino mmoito máis personalizado que o das grandes concentracións escolares. Mais tamén nos falou de poesía e mesmo nos recitou dous poemas, incluídos en cada o seu volume colectivo en que participou a autora.
Desta maneira, a primeira media hora pasou voando e desta vez non podíamos comerlle tempo á segunda metade, porque tíñamos outra entrevista concertada e a entrevistada contaba coa nosa chamada ás cinco e media.
Como nos retrasamos un pouco, puxemos música de Los Suaves... a ver se así non se nos enfadaba Nerea Barros (que, despois de conseguir o Goya á mellor actriz revelación de 2014, non para de atender medios de comunicación).
Xustamente por isto último, agradecémoslle infinitamente a Nerea a xentileza de atendernos de xeito tan inmediato. A Nerea e a Alberto Oural, que se ocupou da produción mesmo sen llo termos pedido. Coñecía a nosa ilusión e fíxonos ese presente que tanto apreciamos.
Neste contexto emerxeu Nerea. Como unha fonte do Eixo. Xa nas súas primeiras palabras descubrimos o espírito enérxico daquela xente do Castiñeiriño, de Santa Lucía e do Eixo, que tanto se tiveron que mover para defendérense de empresas especulativas.
E as palabras de Nerea estaban en plena consonancia coa súa fonética, a fonética nosa, auténtica, na que veiculizaba o idioma común que descubriu na infancia e que aprendeu a valorar con orgullo nas aulas do Instituto Rosalía de Castro, con Ubaldo Rueda como Capitán da nave e con tripulantes tan experimentados como Xabier Mouriño.
Como o verbo de Nerea Barros era o verbo dos humildes, Maka e Karina falaban pouquiño. Aproveitaban un respiro da intérprete da "Nai Coraxe" e facían un comentario breve que daba pé á entrevistada para regalarnos a súa paixón. Porque con paixón falou da familia e coa mesma paixón falou do Rosalía, da nosa terra, dou audiovisual e do idioma.
Despois de escoitar este programa, acabarán sabendo por que razón continuamos con tanto entusiasmo cento e quince semanas despois daquel 4 de xaneiro de 2012 cando botamos a andar con Proxecto Neo, este punto de encontro entre culturas. 

11/02/15

Proxecto Neo nº 114.4 - Radio Miñoca (Castro Baxoi-Miño)



O 114 foi o programa que comezamos ao ritmo daquela canción que fala de resistir. Mais nós fixémoslle unha adaptación para o plural. Resistiremos. Ese era o sentir dos actores e actrices que interpretaron a canción na gala dos Premios Goya.
Despois viaxamos a Miño através das ondas e alí encontramos un grupo de alumnos e alumnas que cursan o Programa de Diversificación Curricular no Ensino Secundario. Con eles e elas falamos sobre o seu programa de radio e aproveitamos a ocasión para lles transmitir os parabéns polo traballo que presentaron ao certame convocado por Educación sen Fronteiras e que resultou finalista.
A seguir falamos con Begoña Martín Acero, unha das impulsoras do programa de radio educativa realizado polo centro escolar Castro Baxoi de Miño.


OUTROS PROGRAMAS FEITOS EN COLABORACIÓN CON RADIO MIÑOCA

1) Proxecto Neo nº 41.2  Lukas + Cándida+ Séchu Sende

2) Proxecto Neo nº 45.2: Sherezade + José Martínez Romero-Gandos

10/02/15

O MODELO DE NACIÓN DO SÉCULO XXI DÁVOS AS GRAZAS!!


MUITO OBRIGADO!
Lavilson R. Monteiro e Silvera V. de Oliveira nas escadas da Casa da Cultura de Burela
 (Foto de P.L. tomada da edición dixital de La Voz de Galicia)

Nestes días pasados o Modelo de Nación do Século XXI dirixiuse á audiencia para pedir apoio e a audiencia respondeu escoitando, visualizando, divulgando as ligazóns, votando e transmitindo ánimo. Por iso agora somos nós quen nos diriximos a todas esas persoas para facerlles chegar o noso agradecemento.

O resultado da votación foi feito público através do blogue de EDUCO, a entidade organizadora: 


Y las/los ganadoras/es son…


FEBRERO 10, 20




Hace unos minutos hemos dado por finalizada la votación popular del I Concurso “Desmontando rumores y estereotipos sobre la diversidad cultural” y ya conocemos vuestra decisión.


Pero antes de comunicarla queremos agradecer infinitamente vuestra participación. Desde Educo/ESF queremos valorar cada trabajo que nos habéis mandado, los que han llegado a la gran final, los que el jurado no ha seleccionado e incluso alguno que por cuestiones de las bases no pudieron ni siquiera entrar a concurso. Para EDUCO/ESF este es el mejor de los premios, una infancia y una juventud implicada en la construcción de una sociedad justa, igualitaria e inclusiva que no sólo comprende a lo diferente sino que se empapa y aprende para entre todos y todas lograr un mundo mejor.


También agradeceros a las más de 7000 personas que con vuestro voto habéis elegido a las/los ganadoras/ganadores de nuestro concurso.


Y sin más dilación, redoble de tambor, y LAS/LOS GANADORAS/GANADORES SON:


Mención Especial del Jurado al trabajo: “Rumotics” de la Fundació Comtal- Centre Obert Tria(Barcelona) por su especial calidad y transmisión del mensaje.


Trabajos ganadores por votación popular:


Categoría Vídeo 10/11 años: ¡Que no te señalen! del centro: Escola Marillac (Barcelona). Total de votos: 621


Categoría Audio 10/11 años: Entreculturas del Centro CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos (Pontevedra). Total de votos: 627


Categoría Vídeo 12/17 años: Voz Mundo de la Asociación Margotu (Bilbao). Total de votos: 1156


Categoría Audio 12/17 años: Porta Aberta del Centro IES Perdouro de Burela (Lugo). Total de votos: 688


Desde Educo nos comunicaremos con los premiados a través de mail y también por teléfono para comunicar oficialmente a los centros ganadores su premio.


Recordar que los premios consisten en certificados para el alumnado que ha realizado el trabajo, así como equipamiento deportivo/lúdico valorado en 500 euros para la entidad o centro participante.


Gracias a todos y todas los que habéis participado de alguna manera en esta bonita experiencia, y podéis contar con EDUCO para seguir trabajando en la construcción de un mundo mejor para todos y todas.

04/02/15

Porta Aberta necesita o teu voto




Porta Aberta necesita o teu voto, pica aquí.

AUDIOS SELECCIONADOS 12-17 ANOS videointercultural.wordpress.com


Proxecto Neo nº 113.4 - Diana Nogueira, Antón Cortizas e Clube de Lectura do IES Monte Castelo




Comezamos o programa 113 con música especialmente dedicada ao programa "E agora que? Criaturiñas en apuros". Despois puxémonos en contacto con Diana Nogueira, a presentadora, que nos atendeu con grandísima amabilidade. Falamos da experiencia dos 16 primeiros episodios do programa protagonizado por nenas e nenos. Falamos tamén da súa experiencia como neofalante na TVG.
Unha vez que despedimos Diana, entramos en comunicación co escritor Antón Cortizas Amado, que nos atendeu desde as instalacións centrais do Instituto Perdouro, onde dirixiu un seminario de dinamización das bibliotecas escolares.
Na parte final do programa, falamos con catro mozas do Clube de Lectura do IES Monte Castelo, que nos acompañaron desde o comezo. Teresa Bermúdez, María Caamaño, Pilar Romero e Laura R. Salazar contáronnos as súas respectivas experiencias no clube de lectura dirixido pola profesora Cecilia Martín Trenor.

02/02/15

MOITAS GRAZAS, EDUCO (Educación Sen Fronteiras Galicia)


A existencia dunha entidade que fomente a Educación sen fronteiras é para nós un grande premio! Porque nos estimulan, porque nos fornece moitos e moi variados materiais didácticos e, sobre todo, porque é un referente para o noso día a día.
Vaia desde esta páxina o agradecemento pola inciativa de convocar o concurso de creación para combater mitos, estereotipos, rumores e preconceptos sobre a diversidade cultural.
Os traballos finalistas están aquí: https://videointercultural.wordpress.com/
Nós tivemos a fortuna de ser seleccionados entre estes: https://videointercultural.wordpress.com/audio-12-17-anos/