Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

12/01/12

Proxecto Neo nº1 - Karina Parga

PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA "MODELO BURELA": O PROTAGONISMO DOS NEOFALANTES
O mércores, 11 de xaneiro de 2012, emitiuse o segundo programa. Na entrevista participaron Laura Trelles Díaz (alumna do IES Perdouro) e Bernardo Penabade.

O programa dedicado aos neofalantes dedicou a segunda entrega a unha entrevista coa profesora Karina Parga Chao (Aillant - Francia; 1975). Esta filla de emigrantes galegos ten estudos de Medicina realizados en Dijon e é licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2003 é Profesora de Lingua Francesa no IES Perdouro, onde ten baixo a súa responsabilidade a vice-dirección de actividades extraescolares. Desde este cargo, impulsa a realización de actividades de inmersión lingüística en inglés e francés así como a dinamización da biblioteca escolar e os Encontros de Banda Deseñada da Mariña.

Sem comentários:

Enviar um comentário